Este portal reúne os artigos de temática histórica disponíbeis na Galipedia, a Wikipedia en galego. Permite acceder de maneira doada a toda esta información ao tempo que aúna os esforzos dos colaboradores que pretenden mellorar os artigos relacionados con esta área de coñecemento. Actualmente xa temos máis de 30.000 artigos relacionados coa Historia.
O Imperio Bizantino, ou Imperio Romano de Oriente, foi un imperiocristiánmedieval de cultura grega cuxa capital estaba en Constantinopla ou Bizancio (actual Istanbul). As orixes do Imperio Bizantino remóntanse á etapa final do Imperio Romano. Inicialmente abarcaba todo o Mediterráneo oriental, pero co tempo foi sufrindo importantes reducións territoriais.
O Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou todo o noroeste da Península Ibérica, converténdose nun dos territorios máis importantes da Europa occidental. Fundado polo rei suevoHermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península Ibérica.
Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da Coroa de Castela.