Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en tres dimensións xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate. Dispón de varios modos de xogo, incluíndo un modo de supervivencia no que o xogador debe conseguir recursos para construír o mundo de xogo e manter a súa saúde, un modo creativo no que os recursos son ilimitados e o xogador ten a capacidade de voar, un modo de aventuras que permite xogar niveis e mapas creados por outros xogadores e un modo espectador no que os xogadores poden voar e observar o mundo pero sen interactuar con el. A versión para PC do xogo destaca pola súa comunidade de modding.
Juan Rafael Martínez Buján, nado en Santiago de Compostela o 15 de setembro de 1897 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1993, foi un pintor galego, ilustrador, escenógrafo, mestre nacional e profesor de debuxo. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi discípulo de Mariano Tito Vázquez, especializándose no retrato e na pintura costumista. Comezou a expoñer a súa obra en 1915 e participou en diversos certames artísticos en Galicia e Arxentina. En 1922 obtivo o título de mestre nacional e desenvolveu unha carreira docente sen abandonar a actividade artística. A súa obra caracterizouse pola representación de paisaxes, costumes e tipos populares galegos. Durante a Guerra civil española exiliouse en Cuba, mentres a súa familia permaneceu en Galicia. Na Habana traballou como pintor, escenógrafo e profesor de debuxo no Centro Gallego de La Habana. Tamén participou en actividades políticas de carácter republicano e antifranquista. Despois de 1962 trasladouse a Miami, onde continuou a súa actividade artística e abriu unha galería de arte. A principios dos anos 70 regresou a España.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 175402 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 376 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.