Saltar ao contido

Soporte físico

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hardware»)

Soporte físico
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
Características
 Caracterizado por
 Oposto a
 Contén partes da clase
Implicados
 Usado por
Historia
 Historia
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01mfj e /m/0h8lprf Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC9390403 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 133496
Wikidata G:Commons C:Commons
Compoñentes dun ordenador.
Unidade central de procesamento Intel Pentium

O soporte físico,[1][2] ou do inglés hardware,[3] é o conxunto de partes físicas que conforman un ordenador, como a unidade central de procesamento (central processing unit, CPU), a memoria de acceso aleatorio (random-access memory, RAM), placa base, memoria principal, tarxeta gráfica, tarxeta de son e a caixa. Tamén inclúe aparellos externos como o monitor, o teclado, o rato, a impresora, altofalantes, etc.[4]

Pola contra, o soporte lóxico ou software é un conxunto de instrucións escritas que poden ser almacenadas e executadas polo físico. O nome hardware deriva do feito de que é duro ou ríxido con respecto aos cambios, mentres que o software é brando porque é fácil de cambiar.

Normalmente, o soporte físico dirixe o lóxico para executar calquera comando ou instrución. Unha combinación de soporte físcio e lóxico forma un sistema informático utilizable, aínda que existen outros tipos de sistemas só con soporte físico.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra inglesa harware provén das palabras "hard+ware" = "mercancía+dura", do inglés medio hard (duro) e do alto alemán ware (cousa, mercancía) e significa literalmente a ferralla.[5]

Tipos de hardware

[editar | editar a fonte]

O hardware pode clasificarse en varias categorías, segundo a súa función dentro dun sistema informático:

  1. Hardware de entrada: Este tipo de hardware permite ao usuario introducir datos no sistema informático. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o teclado, o rato e o escáner.
  2. Hardware de saída: Este tipo de hardware permite ao sistema informático mostrar información ao usuario. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o monitor, a impresora e os altofalantes.
  3. Hardware de almacenamento: Este tipo de hardware é utilizado para almacenar datos de forma permanente ou temporal. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o disco duro, a memoria RAM e as unidades de estado sólido (SSD).[6]
  4. Hardware de procesamento: Este tipo de hardware é o que realiza os cálculos e procesamentos necesarios para que o sistema informático funcione. O exemplo máis común deste tipo de hardware é o procesador.[7]
  5. Hardware de rede: Este tipo de hardware permite a comunicación entre dous ou máis sistemas informáticos. Exemplos deste tipo de hardware inclúen o router, o módem e a tarxeta de rede.

A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:

  • Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de baleiro, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas perforadas.
  • Segunda xeración (anos 55-60): Chega o transistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiros linguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).
  • Terceira xeración (anos 60-70): O chip deixa desfasados a todos os dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.
  • Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada do microprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.
  • Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a súa entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Utilizaranse de forma masiva a linguaxe humana e a intelixencia artificial. O hardware deixa de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa o software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.
  1. ↑ "bUSCatermos; soporte físico / hardware". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-07-01.
  2. ↑ "soporte". Real Academia Galega. Consultado o 2026-08-14.
  3. ↑ "hardware". dictionary.cambridge.org (en inglés).
  4. ↑ Gilster, Ron (2001). PC hardware : a beginner's guide (en inglés). New York ; London : McGraw-Hill. ISBN 978-0-07-212990-8.
  5. ↑ "Hardware". etimologias.dechile.net.
  6. ↑ "¿Qué es una Unidad de estado sólido (SSD)?". ¿Qué es una Unidad de estado sólido (SSD)? (en castelán). Consultado o 2023-07-01.
  7. ↑ Ferreira, José Manuel Martins (1998). Introdução ao Projecto com Sistemas Digitais e Microcontroladores (en portugués). FEUP Edições. ISBN 978-972-752-032-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]