Saltar ao contido

Zagreb

Zagreb
 Nome orixinal
    Zagreb (hr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Zagreb (hr) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
zagrébois (fr)
Zagréboise (fr)
Zagrébois (fr)
Zagrepčanka (hr)
Zagreber (en)
Zagrebano (eo)
Zagrepčanin (hr)
zagréboise (fr)
Zagabrese (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
 Economía
 Outorga
 Conéctase con
Implicados
 Xefe do goberno
Tomislav Tomašević (en) Traducir (2021 - )
Milan Bandić (2005 - 2021) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1094 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
790.017 (2011) censo
802.588 (2018)
809.268 (2020)
767.131 (2021) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
641,2 km² cidade de Croacia
305,8 km² Naselje Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   127 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal10000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap226224 Editar o valor en Wikidata
VIAF123146146 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000403961851 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fhzy Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: zagreb.hr Twitter: wwwzagrebhr Instagram: gradzagrebzg LinkedIn: grad-zagreb-city-of-zagreb Youtube: UCtUwvdTf9W6oivP8l8U2tSw BNE: XX450974 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 779.145 habitantes (2001), 1.200.000 contando a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país. A cidade divídese en 16 distritos (gradske četvrti)

Praza de Ban Jelačić
Catedral católica de San Marcos.

Aínda que a rexión estivo habitada cando menos dende o Neolítico, a primeira mención a Zagreb data do 1094, ano no que o rei húngaro, Ladislau, fundou un mosteiro e ao seu arredor xurdiu un asentamento.

A cidade desenvolveuse en torno á zona norte da catedral católica, e a partir da fortaleza de Gradec no monte veciño. Actualmente Gracec é o barrio de Gornji Grad, onde se pode atopar un dos mellores núcleos conservados urbanos de Croacia. A diocese e a fortaleza foron atacados polos mongois no ano 1242. Como sinal de gratitude por ofrecerlle refuxio fronte os invasores, o rei Bela IV de Hungría e Croacia outorgoulle a Gradec a Bula Dourada, que outorgaba ós cidadáns da vila autogoberno e autonomía, así como seu propio sistema xurídico. De acordo coa lenda, Bela deixou ós habitantes de Gradec un canón para que o disparasen cada día e que non se enferruxase. Dende o 1 de xaneiro de 1877 o canón e disparado desde a torre Lotrscak en Gric para marcar as doce do mediodía.

A praza do Gornji Grad está dominada pola igrexa gótica de San Marcos. Foi construída a finais do século XIV e concluíse a comezos do século XV. O campanil barroco foi engadido posteriormente.

A diocese de Zagreb e a vila de Gradec a miúdo disputaron polo uso e posesión de terras e muíños. Algunhas veces tamén se enfrontaron por razóns políticas. O termo de Zagreb foi utilizado polos barrios da diocese dende o século XVI, cando a cidade se converteu no centro político de Croacia e da Eslavonia, unión que se reforzaría décadas máis tarde. En 1850 Gradec e Zagreb uníronse baixo o seu primeiro alcalde, Janko Kamauf.

O ferrocarril foi introducido en Zagreb en 1860. Os barrios da clase obreira situábanse entre a vía do tren e o río Sava, mentres que a construción de barrios residenciais en torno ó sur de Medvednica foron rematados entre as dúas guerras mundiais.

A zona entre a vía do tren e o río Sava foi urbanizada despois da segunda guerra mundial. A mediados da década de 1950 a construción de novas residencias no sur do río Sava comezou, dando lugar á Nova Zagreb. A cidade tamén se expandiu cara ao oeste e cara ao leste, incorporando as comunidades de Dubrava, Podsused, Jarun e Blato, entre outras.

A estación ferroviaria de mercadorías e o aeroporto internacional Pleso, foron construídos na marxe sur do río Sava. A zona industrial máis grande da cidade atópase precisamente no sueste, entre o Sava e a rexión de Prigorje.

Durante a época na que Croacia estivo dentro do Imperio Austrohúngaro, a cidade tamén se chamaba Agram, a súa denominación xermánica.

Zagreb posúe un clima continental. Na cidade os veráns son quentes e húmidos e os invernos son fríos. A temperatura media no inverno é de 1 °C e no verán é de 20 °C. O mes de maio é un dos máis quentes, con temperaturas por riba dos 30 °C. As nevadas son comúns nos meses de inverno, dende decembro a marzo, a choiva e a saraiba son común no outono (dende outubro a decembro).[1]

Táboa climática
 XanFebMarAbrMaioXuñoXulloAgostSepOctNovDec
Choivas (mm) 524856688395797979938667
Temp Min.(°C) -3-31591314141162-1
Temp Max. (°C) 35111520232525221583

Demografía

[editar | editar a fonte]

Zagreb é a maior cidade de Croacia, sendo a única cidade do país cunha área metropolitana de máis dun millón de habitantes. A área metropolitana da cidade ten unha poboación de 1.088.841 habitantes, e inclúe algunhas pequenas cidades como Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. O censo oficial da cidade sen a súa área metropolitana é de 779.145 habitantes. Segundo os datos do departamento de policía da cidade, o cal baséase no número de persoas que fixeron a petición para poder votar na cidade, esta ten unha poboación de 973.667 habitantes. O maior grupo étnico da cidade son os croatas constituíndo o 91,94% da poboación (censo do 2001). O mesmo censo tamén recolle outras minorías como os serbios (18.811) que constitúen o 2,41% da poboación, os bosníacos que con 6.204 cidadáns fan o 0,8 % da poboación, 4.030 musulmáns de calquera país da ex-Iugoslavia (0,52%), 3.389 albaneses (0,43%), 3.225 eslovenos (0.41%), 1.946 xitanos (0,25%), 1.131 montenegrinos (0,17%), 1.315 macedonios (0,17%), entre outras minorías.[2]

Economía

[editar | editar a fonte]
Modelo de tranvía TMK 2200 tram (#2215) de Crotram en Zagreb.

Algúns dos maiores potenciais para o desenvolvemento de Zagreb son a calidade da súa terra, a súa situación de transito favorable e infraestrutura totalmente municipal, a súa man de obra cualificada e expertas nos eidos da ciencia, da educación, da saúde, dos negocios, da banca e doutras institucións, tamén inflúe a súa tradición nalgúns servizos, e o tamaño e a calidade da economía da cidade.

As pólas máis importantes da industria de Zagreb son: a produción de dispositivos e aparellos eléctricos, a súa produción química, farmacéutica, téxtil, a elaboración de comida e bebida, e a produción e elaboración do tabaco. Zagreb é un importante centro internacional de industria/comercio e negocios, así como un lugar de paso de transportes entre a Europa do leste e a Europa central.

A cidade de Zagreb ten o produto interior bruto per cápita máis elevado de Croacia, con $15850 no 2006 (a media europea era do $28114. Porén, os ingresos medios e os prezos aínda son máis baixos que no resto de Europa.

No 2005 a taxa media de desemprego en Zagreb roldaba o 8%, a metade da media nacional. Zagreb, é unha cidade relativamente grande situada na ruta máis rápida que conecta a Europa central coa Europa do sueste, posúe un gran potencial para os investimentos e o desenvolvemento.

Administración metropolitana

[editar | editar a fonte]

De acordo coa constitución de Croacia, a cidade de Zagreb, como capital do país, posúe un status especial. Tendo un goberno propio e autónomo. Os seus corpos administrativos da cidade son a Asemblea da Cidade como corpo representativo, e o alcalde e gobernador da cidade como corpo executivo.

Os membros da asemblea son elixidos nas eleccións, e son eles os que elixen ó alcalde e ós membros do goberno da cidade. O goberno da cidade está formado por 11 membros propostos polo alcalde á Asemblea.

O goberno local da cidade está organizado por 17 distritos.

Distritos da cidade

[editar | editar a fonte]

Os principais distritos ("gradske četvrti" en croata) son:[3]

No. Distrito Área (km²) Poboación (2001) Densidade de poboación
1.Donji Grad345.10814.956,2
2.Gornji Grad - Medveščak1036.3843.593,5
3.Trnje745.2676.146,2
4.Maksimir1449.7503.467,1
5.Peščenica - Žitnjak3558.2831.651,3
6.Novi Zagreb - Istok1765.3013.947,1
7.Novi Zagreb - Zapad6348.981782,5
8.Trešnjevka - Sjever655.3589.498,6
9.Trešnjevka - Jug1067.1626.828,1
10.Črnomerec2438.7621.593,4
11.Gornja Dubrava4061.3881.524,1
12.Donja Dubrava1135.9443.321,1
13.Stenjevec1241.2573.387,3
14.Podsused - Vrapče3642.3601.175,1
15.Podsljeme6017.744295,2
16.Sesvete16559.212358,3
17.Brezovica12710.88485,4

Zagreb

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

A cidade de Zagreb está irmandada coas seguintes cidades:[4]

  1. ↑ "Zagreb Climate Data". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2008. Consultado o 2006-07-02.
  2. ↑ "Zagreb ethnic minorities (Census 2001)". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 2007-01-20.
  3. ↑ "Zagreb population by city districts (Census 2001)". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015. Consultado o 2006-07-02.
  4. ↑ "Zagreb sister cities". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2007-02-17. Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]