Xohán Casal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Xohán Casal Pardo 1935 A Coruña |
| Morte | 10 de xaneiro de 1960 A Coruña |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Pai | Xacobe Casal |

Xohán Casal Pardo, nado na Coruña a finais de 1935 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1960, foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jacobo Casal Rey. Cursou estudos mercantís na Coruña pero abandonounos aos tres anos por problemas de saúde. Coñeceu a obra de Castelao en 1956 e rachou co seu facer en castelán. Considerado o iniciador da Nova narrativa galega, escribiu O camiño de abaixo, publicado en 1970 como obra póstuma cun prólogo do seu amigo Reimundo Patiño. A enfermidade do corazón que padeceu dende neno e que o levou prematuramente á tumba condicionou a súa vida. O resto da súa produción quedou inédito, agás un artigo sobre Rosalía de Castro publicado en El Ideal Gallego.
O mundo dos relatos de Casal está dominado constantemente pola soidade e a morte. Aparecen elementos simbólicos desacougantes e opresivos.
Obra
[editar | editar a fonte]- O camiño de abaixo (Ediciós do Castro, 1970; con cuberta de Luís Seoane).
- O camiño de abaixo (Edicións Xerais de Galicia, 2005; con introdución e estudo de Teresa Bermúdez).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Casal, Xohán". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.