Saltar ao contido

Supercondensador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supercondensadores.

Un supercondensador ou ultracondensador é un condensador electroquímico que ten unha densidade de enerxía extraordinariamente alta.

Supercondensadores.

Teñen aplicacións no campo dos vehículos híbridos como almacenamento complementario de enerxía e no futuro destínanse a substituír as baterías.

Características

[editar | editar a fonte]

Como dispositivo de almacenamento de enerxía ten varias vantaxes sobre as baterías.

  • Alta relación de carga e descarga, por unidade de tempo
  • Baixa degradación despois de centos de miles de ciclos (descarga/recarga)
  • Boa reversibilidade
  • Baixa toxicidade dos materiais empregados
  • Alta eficiencia do ciclo

Desvantaxes

[editar | editar a fonte]
  • A cantidade de enerxía almacenada por unidade de peso aínda é considerablemente menor que nunha batería electroquímica (3 a 5 Wh/kg dun supercondensador fronte aos 30-40 Wh/kg dunha batería). Pero a investigación avanza en ambos os campos: supercondensadores de grafeno de 131 Wh/kg no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Gwangju (Corea do Sur). [1]
  • O voltaxe varía coa enerxía almacenada. Requírense circuítos electrónicos e de control sofisticados para almacenar e recuperar enerxía de forma eficaz.
  • Ten a maior absorción dieléctrica de todos os tipos de condensadores.

O primeiro supercondensador, baseado nun mecanismo de dobre capa, foi desenvolvido en 1957 por General Electric utilizando un eléctrodo de carbono poroso. Crese que a enerxía estaba almacenada nos poros de carbono e presentaba unha capacidade extraordinariamente alta. Nese momento non se coñecía o mecanismo. Foi a Standard Oil Company de Cleveland (Ohio) en 1966 a que patentou un dispositivo que almacenaba enerxía nunha interface de dobre capa.

En 2015 anunciouse o desenvolvemento de supercondensadores de grafeno de 10 000 F.[2]

En 2016 a Universidade de Surrey (Inglaterra) anunciou supercondensadores cunha capacidade 100 veces maior que os actuais.[3]

Supercondensadores nos vehículos

[editar | editar a fonte]

A pesar de ser voluminosos, atopámolos en:

  • Autobuses eléctricos: Permiten desprazamentos de poucas paradas pola súa menor capacidade enerxética, pero son máis económicos e duradeiros que os equipados con baterías grandes.[4] Para a carga equipan o teito da marquesiña da parada do autobús con supercondensadores, que se cargan entre chegadas do autobús.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]