Saltar ao contido

Rangers F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rangers
NomeRangers Football Club
Alcume(s)The Gers;
The Teddy Bears;
The Light Blues
FundaciónMarzo, 1872
EstadioIbrox Stadium,
Glasgow, Escocia
Inauguración1899
Capacidade50.817
PropietarioRangers International Football Club Plc
PresidenteEscocia Dave King
AdestradorInglaterra Steven Gerrard
LigaScottish Premiership
2025/263.º
VestimentaCastore
Patrocinador32Red
Na rede
http://www.rangers.co.uk/
IMDB: nm8157160 Facebook: rangersfc Twitter: rangersfc Instagram: rangersfc TikTok: rangersfc Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Rangers Football Club é un club de fútbol da localidade de Glasgow (Escocia) que adoita ser chamado Glasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers para tentar face-la diferenciación con respecto ó Queens Park Rangers londiniense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes "The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers, "Light Blues" pola cor da súa camisola e "The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.

En 2012 o Rangers F.C. entrou nunha profunda crise financeira debido a problemas coa administración de impostos do Reino Unido, polo que o 14 de xuño do mesmo ano, tras non poderse solucionar a dura situación económica do club, o equipo desapareceu, véndose obrigado a refundarse na Terceira División escocesa.

Club nado no 1872 e que foi o primeiro do mundo en acadar 55 títulos do se campionato nacional de liga e tamén o que pode fachendear de se-lo pioneiro en sumar 100 títulos oficiais (ó remate da tempada 2012-13 xa acumulaba 117).

É moi soada a grande rivalidade que o Rangers ten co Celtic. É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. E tamén boa conta disto pode dala o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ámbolos dous clubs se fala do Old Firm.

O primeiro equipamento do equipo é o de camisola cor azul, pantalonciño cor branca e medias azuis. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era con camisola branca cunha franxa vermella cruzando verticalmente o peito dende o pescozo, pantalonciño azul e medias brancas.

O estadio que acolle os seus encontros coma locais é o de Ibrox Stadium cunha capacidade para 50.987 persoas sendo tódalas bancadas de sentar. Ademais este estadio é un cinco estrelas segundo criterios UEFA e é o terceiro en capacidade de público de Escocia tan só por detrás, e nesta orde, do Celtic Park e do Hampden Park onde xoga a Selección Escocesa de Fútbol tódolos seus encontros oficiais coma local a non ser que haxa algún problemiña.

O maior fito da historia do Rangers de seguro que foi a consecución da xa extinta Recopa no ano 1972 tras derrotar ó Dínamo de Moscova no Camp Nou por 3-2.

O equipo do Rangers tamén é coñecido por se-lo conxunto dos protestantes de Escocia. E ós seus seareiros se lles coñece coma "Bears" e "Bluenoses".

Adestradors

[editar | editar a fonte]
Nome Nacionalidade Período Liga Copa Copa da Liga UEFA Total
William Wilton Escocia Escocia 1899-1921 81——9
Bill Struth Escocia Escocia 1921-1954 18102—30
Scot Symon Escocia Escocia 1954-1967 654—15
David White Escocia Escocia 1967-1969 00000
William Waddell Escocia Escocia 1969-1972 00112
Jock Wallace Escocia Escocia 1972-1978 33208
John Greig Escocia Escocia 1978-1983 02204
Jock Wallace Escocia Escocia 1983-1986 00202
Graeme Souness Escocia Escocia 1986-1991 30407
Walter Smith Escocia Escocia 1991-1998 733013
Dick Advocaat Países Baixos Países Baixos 1998-2001 22105
Alex McLeish Escocia Escocia 2001-2006 22307
Paul Le Guen Francia Francia 2006-2007 00000
Walter Smith Escocia Escocia 2007-2011 32308
Ally McCoist Escocia Escocia 2011-2014 20002
Mark Warburton Inglaterra Inglaterra 2015-2017 10001
Pedro Caixinha Portugal Portugal 2017 00000
Graeme Murty Escocia Escocia 2017-2018 00000
Steven Gerrard Inglaterra Inglaterra 2018-presente 10001

Os adestradores intermedios foron Willie Thornton (2 partidos en 1969), Tommy McLean (4 partidos en 1983), Ian Durrant (1 partidos en 2007) e Graeme Murty (6 partidos en 2017).

Xogadores famosos

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Xogadores do Rangers FC.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]
  • Liga escocesa (55): 1891, 1899, 1900, 1901, 1902, 1911, 1912, 1913, 1918, 1920, 1921, 1923, 1924, 1925, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1935, 1937, 1939, 1947, 1949, 1950, 1953, 1956, 1957, 1959, 1961, 1963, 1964, 1975, 1976, 1978, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2003, 2005, 2009, 2010, 2011, 2021
  • Escocia Terceiro División (1): 2013
  • Escocia Liga Un (1): 2014
  • Escocia Campionato (1): 2016
  • Copa de Escocia (33): 1894, 1897, 1898, 1903, 1928, 1930, 1932, 1934, 1935, 1936, 1948, 1949, 1950, 1953, 1960, 1962, 1963, 1964, 1966, 1973, 1976, 1978, 1979, 1981, 1992, 1993, 1996, 1999, 2000, 2002, 2003, 2008, 2009
  • Copa da Liga de Escocia (27): 1946, 1948, 1960, 1961, 1963, 1964, 1970, 1975, 1977, 1978, 1981, 1983, 1984, 1986, 1987, 1988, 1990, 1992, 1993, 1996, 1998, 2002, 2003, 2005, 2008, 2010, 2011
  • Liga de Escocia (entreguerras): 1940.
  • Southern League (entreguerras): 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946.
  • Milk Cup: (Premier) 1984, 1992. (Júnior) 1985.
  • Drybrough Cup: 1979.
  • Tennents' Sixes: 1984, 1989.
  • Escocia Desafío Cup: 2016.

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Páxina oficial

[editar | editar a fonte]