Saltar ao contido

Ramala

Ramala
 Nome orixinal
رام الله (ar)
רמאללה (he) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    رام الله (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Epónimo
Características
 Caracterizado por
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Issa Kassis (en) Traducir (2022 - ) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
século XVI Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   43.880 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   16,3 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   847 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postalP600-P609 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2717915 Editar o valor en Wikidata
VIAF150106380 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0c11l Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: R.Municipality Instagram: ramallahmunicipality Youtube: UCBrajD-OERgjk6EsnKYzAHg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ramala[1][2] (en árabe: رام الله, "Rāmallāh" Ar-Ramallah.oga   ; componse de “Ram,” unha palabra aramea, que significa “lugar alto ou montaña” e “Allah”, palabra árabe para Deus: literalmente significa "Altura de Deus")[3] é unha cidade palestina no centro de Cisxordania, a 10 quilómetros ao norte de Xerusalén, xunto a Al-Bira. Actualmente é a capital da Autoridade Nacional Palestina. Cunha poboación dunhas 300.000 persoas, incluíndo a poboación veciña de Al-Bira, Ramala foi tradicionalmente unha cidade cristiá, pero hoxe en día a maioría da poboación é musulmá, os cristiáns son unha importante minoría.

Xeografía e clima

[editar | editar a fonte]

Este lugar goza dun clima mediterráneo, cun verán seco e un inverno suave e chuvioso, con neves ocasionais. A media de precipitacións de Ramala é de 694 mm (precipitacións mínimas de 307 mm e máximas de 1591 mm).[4]

Economía

[editar | editar a fonte]
Centro comercial Dunia, en construción en 2010
Sede central do Banco de Palestina en Ramala.

Ramala é a capital da Autoridade Nacional Palestina e é a sede das ONG máis importantes e das embaixadas. Os centos de millóns de dólares de axuda internacional que flúen na cidade impulsaron a economía de Ramala, especialmente tralo fin da Segunda Intifada.[5]

En novembro de 2009, Tony Blair dixo ao New York Times que "hai máis esperanza para os palestinos do que moitos creen." [6]

O boom da construción en Ramala é un dos signos máis evidentes do crecemento económico de Cisxordania, estimado nunha taxa anual dun 8%. Isto atribuíuselle á relativa estabilidade e ás doazóns occidentais á Autoridade Nacional Palestina. A crecente economía de Ramala atrae a palestinos doutras partes de Cisxordania onde hai menos emprego. O casco urbano quintiplicouse dende o 2002.[7]

No ano 2010 Ramala converteuse no principal centro económico e político dos territorios baixo o control da Autoridade Nacional Palestina. Co boom da construción nos primeiros anos do século XXI construíronse apartamentos e hoteis de cinco estrelas, especialmente no barrio de Al-Masyoun. En 2010, "máis de cen empresas" palestinas trasladáronse a Ramala dende Xerusalén Leste, xa que “Aquí pagan menos impostos e teñen máis clientes.

ASAL technologies, unha compañía informática en Ramala, ten 120 empregados e está á espera dun "crecemento exponencial." [8]

Mausoleo de Yasser Arafat.

Ramala está considerada a cidade palestina máis próspera e cultural, así como a máis liberal,[9][10] e é o fogar dunha serie de populares activistas palestinos, poetas, artistas e músicos. Ten unha animada vida nocturna, con moitos restaurantes, bares e discotecas.

Ten o único centro cultural de palestina, con salas de conferencias, de exposición ou cines. Organizouse aquí o primeiro festival de cine en Ramala, en 2004

Vestimenta palestina

[editar | editar a fonte]

A vestimente palestina está influenciada polos diversos imperios que estiveron na zona, como Antigo Exipto, Antiga Roma, Imperio Bizantino, e Ayubí entre outros, encontráronse documentos na arte e na literatura con descricións dos traxes producidos na época.

Ata 1940, as roupas tradicionais palestinas reflectían a situación económica e civil da muller e do seu lugar de orixe, segundo a tea, a cor ou os bordados.[11]

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Ramalah está irmandada con:

  1. ↑ Transliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.
  2. ↑ Tamén romanizado como Ramallah e Ramal·lah
  3. ↑ "Ramallah.ps". Ramallah.ps. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2011.
  4. ↑ http://www.scirp.org/journal/PaperDownload.aspx?paperID=1685|Rainfall Trends in the District of Ramallah and Al-Bireh, Palestine
  5. ↑ 14 de xaneiro de 2009 – (14 de xaneiro de 2009). "West Bank and Gaza Economy: Before and After the Crisis – Brookings Institution". Brookings.edu. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2011.
  6. ↑ Bronner, Ethan (11 de novembro de 2009). "Blair Hails Economic Steps in West Bank". The New York Times.
  7. ↑ "Ramallah building boom symbolizes West Bank growth". Reuters. 2 de agosto de 2010.
  8. ↑ West Bank’s Emerging Silicon Valley Evades Issues of Borders, New York Times
  9. ↑ Emails from the edge The Observer, 16 de xaneiro de 2005
  10. ↑ Hamas says it will use Islamic law as guide Arquivado 03 de novembro de 2012 en Wayback Machine. MSNBC, 29 de xaneiro de 2006
  11. ↑ Jane Waldron Grutz (xaneiro-febreiro de 1991). "Woven Legacy, Woven Language". Saudi Aramco World. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2007. Consultado o 25 de decembro de 2012.
  12. ↑ "Trondheims offisielle nettsted – Vennskapsbyer" (en noruegués). Trondheim.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]