Parche informático
| Parche informático | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||

Un patch ou parche, son datos para modificar un recurso de software existente, como un programa ou un ficheiro, a miúdo para corrixir erros e vulnerabilidades de seguridade, engadir funcionalidades, actualizalas, etc.[1] Aplicar un patch é tamén o proceso de aplicar os datos ao recurso existente. Un patch pode crearse para mellorar a funcionalidade, a usabilidade ou o rendemento. Un patch pode crearse manualmente, pero normalmente créase mediante unha ferramenta que compara dúas versións do recurso e xera datos que se poden usar para transformar unha na outra.
A orixe do nome probablemente se deba á utilidade de Unix chamada patch creada por Larry Wall.[2]
Xestión de patches de seguridade
[editar | editar a fonte]A "xestión de patches de seguridade" ten como obxectivo equilibrar os intereses da institución que mantén o funcionamento dun software coas súas actualizacións de seguridade. Neste sentido, a xestión de patches prioriza as vulnerabilidades críticas do servidor e busca resolvelas, xa que, para as empresas tecnolóxicas, non é eficiente resolver todos os problemas do sistema ao mesmo tempo. Polo tanto, as actualizacións arranxan problemas graves e monitorizan a seguridade do programa en cuestión, mesmo se o patch non resolve completamente todos os erros.[3]
Ademais, é interesante que, neste proceso de xestión, a automatización sexa unha ferramenta empregada para mellorar a produtividade da empresa á hora de aplicar patches aos ordenadores dos usuarios.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sánchez, Alberto (22 de agosto de 2019). "¿Qué es un parche? De accesorio para tuertos a mejora de programas". Pandora FMS (en castelán). Arquivado dende o orixinal (html) o 22 de agosto de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2019.
Un parche é un "paquete" de código que se usa para mellorar un programa, corrixir erros, introducir novas funcionalidades ou facer calquera outro cambio que se queira facer nun programa existente.
- ↑ Ayers, Larry (31 de agosto de 1998). "Patch for Beginners". Linux Documentation Project (en inglés). Arquivado dende o orixinal (html) o 18 de decembro de 2002. Consultado o 22 de agosto de 2019.
Normalmente, un patch úsase para actualizar un directorio de ficheiros de código fonte a unha versión máis recente, evitando a necesidade de descargar un arquivo de código fonte completamente novo. En realidade, descargar un parche só consiste en descargar as liñas que foron modificadas.
- ↑ "O que é gerenciamento de patches? | IBM". www.ibm.com (en portugués). 2022-12-20. Consultado o 2025-01-27.
- ↑ "Patches de Segurança: o que são e qual a sua importância?". BugHunt (en portugués). 2023-09-26. Consultado o 2025-01-27.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |