Saltar ao contido

Osetia do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osetia do Sur
 Nome orixinal
Хуссар Ирыстон (os)
სამხრეთ ოსეთის რესპუბლიკა (ka)
Республика Южная Осетия (ru)
Государство Алания (ru) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Republic of South Ossetia-State of Alania (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Himno
Características
 Forma de goberno
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
Cargo: Presidente de facto da República de Ossetia do Sul Editar o valor en Wikidata
Marat Kambolov (en) Traducir (2026 - )
Vadim Brovtsev (en) Traducir (2011 - 2012)
Eduard Kokoiti (2001 - 2011)
Leonid Tibilov (pt) Traducir (2012 - 2017)
Alan Gagloyev (pt) Traducir (2022 - 2026)
Anatoliy Bibilov (pt) Traducir (2017 - 2022)
Lyudvig Chibirov (en) Traducir (1996 - 2001) Editar o valor en Wikidata
 Xefe do goberno
Cargo: Prime Minister of South Ossetia Editar o valor en Wikidata
Konstantin Dzhussoev (pt) Traducir (2022 - )
Gennady Bekoyev (pt) Traducir (2020 - 2022) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
29 de maio de 1992 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 País
 Xeografía
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
53.532 (2015)
56.520 (2022) estimación Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3.900 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   4.462 m Chanchakhi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   0 % Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+03:00 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF140681384 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01v51r Editar o valor en Wikidata
 Prefixo telefónico
+7850 e +7929 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 161106 BNE: XX5108984
Wikidata G:Commons C:Commons

Osetia do Sur,[1] ás veces tamén escrita como Ossetia do Sur,[2] (oseto: Республикæ Хуссар Ирыстон, Respublikae Xussar Iryston; ruso: Республика Южная Осетия, Respublika Yuzhnaya Osetiya; xeorxiano: სამხრეთი ოსეთი, Samkhreti Oseti o máis xusto ცხინვალის მხარე tskhinvalis mkhare) é unha república independente de facto dentro de Xeorxia. Malia que declarou a súa independencia tras un referendo o 12 de decembro de 2006 (co 99% de votos a prol da independencia), a súa separación de Xeorxia non foi recoñecida polo outro país. Xeorxia négase a recoñecer a Osetia do sur como unha entidade distinta; o goberno chámaa polo antigo nome de Samachlabo ou, máis recentemente, a rexión de Tskhinvali (pola capital da república). Osetia do Sur foi parte da rexión xeorxiá de Shida Kartli.

Conflito de 2008

[editar | editar a fonte]

Tras meses de tensións[3], o goberno de Xeorxia, desexoso de rematar co separatismo nas repúblicas independentes de facto de Osetia do Sur e Abkhazia para facilitar a súa entrada na OTAN, ordenou na noite do 7 de agosto ó 18 unha ofensiva en territorio oseto.

Xeorxia atacou Tskhinvali e varias localidades circundantes con sistemas múltiples de lanzamento de foguetes BM-21 "Grad", tanques e avións de combate. Osetia do Sur denunciou unha limpeza étnica mentres que os xeorxianos non deixaron actuar as ambulancias. Un convoi con axuda humanitaria foi bombardeado[4]. Xeorxia mobilizou ós seus reservistas[5]. Pola súa banda, o líder abkhazio Sergei Bagapsh dixo que voluntarios procedentes de Abkhazia ían de camiño para axudar ós osetos do sur, mentres que algunhas unidades da armada avanzaron cara a zona limítrofe con Xeorxia[6]. Na ofensiva calcúlanse os mortos por miles: fontes osetas cifran en 1.600 os civís asasinados (Xeorxia baixa o número a 100)[7], mentres que 15 membros das forzas de paz rusas foron asasinados e 70 foron feridos[8].

O 8 de agosto Rusia enviou tropas a Osetia do Sur. Xeorxia afirma que as súas bases militares foron atacadas por avións militares rusos, mentres que o presidente Mikhail Saakashvili dicía que as súas tropas mantiñan o control da capital, Tskhinvali. Pola súa banda os osetos afirmaban ter o control da cidade[9].

O 9 de agosto prodúcese unha escalada nos combates, e o Parlamento xeorxiano declara o estado de guerra.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno53.50054.00054.50055.00055.50056.00056.50057.00020152016201720182019202020212022Osetia do SurEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
  1. ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1529. ISBN 9788482893600.
  2. ↑ "Entrada ossetio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017.
  3. ↑ Nuevas campanadas de alerta en el Cáucaso (en castelán).
  4. ↑ N. Ossetia president: Georgian planes bomb out humanitarian aid convoy for S. Ossetia Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine., (en inglés).
  5. ↑ Georgia begins war to retake South Ossetia Arquivado 09 de agosto de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
  6. ↑ Abkhazian army units advance to arms limitation zone with Georgia, (en inglés).
  7. ↑ "CNN news.". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2008.
  8. ↑ Fifteen Russian peacekeepers killed, 70 wounded, (en inglés).
  9. ↑ crise en Osetia do Sur, día a día.[Ligazón morta] BBC News, (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]