Saltar ao contido

Mo Yan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMo Yan

(2008, Hamburgo) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Gaomi Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAcademia de Arte do Exército de Libertação Popular (pt) Traducir
Universidade Normale de Pequim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, mestre, novelista, guionista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor en Wikidata
ProfesoresTong Qingbing Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMo Yan Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesGuan Shiren, devanceiro Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0594911 BNE: XX928009 Editar o valor en Wikidata

Guan Moye (chinés simplificado: 管谟业; pinyin: Guǎn Móyè), nado en Gaomi (Shandong) o 17 de febreiro de 1955, é un escritor chinés, máis coñecido co pseudónimo de Mo Yan (chinés simplificado: 莫言; pinyin: Mò Yán), que significa "Non fales"[1]. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 2012.[2][3]

Acadou sona en occidente especialmente pola adaptación cinematográfica que o director Zhang Yimou fixo dunha das súas novelas, co título de Hong gao liang ("Sorgo vermello").

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na provincia de Shandong, nunha familia de granxeiros. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha fábrica de petróleo. Con 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación, as actuais forzas armadas do seu país, e nesa época comezou a escribir. En 1981 publicou a súa primeira novela. En 1984 obtivo un posto na Escola de Arte e Literatura do Exército, o que lle permitiu dedicar máis tempo a escribir. En 1996 publicou 丰乳肥臀 ("Grandes peitos anchas cadeiras"), novela que foi prohibida na China, e no que desde unha visión feminina revisa case un século da historia do seu país.

O seu estilo foi comparado co realismo máxico de Gabriel García Márquez ou mesmo con Franz Kafka, William Faulkner ou Fiódor Dostoievski debido á súa introspección e a análise que fai da crueza do home e a sociedade. Realismo alucinatorio segundo a Academia Sueca. Emprega unha lingua cruel e elegante ao tempo. Inzada de imaxes imposibles por veces estremadamente violentas e en ambientes rurais, onde as mulleres sofren inxustizas e a sociedade abondas mostras de abuso de poder, corrupción e submisión. E resulta especialmente hábil en contar historias desta sorte evitando a peneira da censura chinesa.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Varias das súas novelas foron levadas ao cine:

  1. ↑ "La voz recuperada de Mo Yan", artigo en El País, 10 de maio de 2008 (en castelán).
  2. ↑ Valiente, David (18 de outubro de 2022). "Mo Yan, el campesino que ganó el Nobel de Literatura". librujula.publico.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023.
  3. ↑ Redacción (11 de outubro de 2012). "Mo Yan: Nobel de Literatura por su visión mágica y realista de China". eitb.eus (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2025. Consultado o 6 de outubro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • 莫言 (La literatura china traducida en España)