Michel Tognini
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de setembro de 1949 Vincennes |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, cosmonauta de investigación |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral de brigada |
| Tempo no espazo | 18 días, 17 horas e 46 minutos |
| Premios | |
Michel Ange-Charles Tognini, nado en Vincennes, Francia o 30 de setembro de 1949, é un astronauta francés que formou parte das misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tognini graduouse en matemáticas pola EPA Grenoble, unha escola militar, en 1970. Gradouse como enxeñeiro en 1973 na Ecole de l’air en Salon de Provence e cursou na Escola Imperial para Pilotos de Probas en Boscombe Down (Reino Unido) en 1982. Cursou tamén no IHEDN entre 1993 e 1994. Foi seleccionado como astronauta polo CNES en setembro de 1985, participando nas misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93 e pasando un total de 18,74 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mark Wade (2022). "Tognini, Michel Ange-Charles" (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- 1 2 ESA, ed. (2022). "Michel Tognini" (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michel Tognini |