Saltar ao contido

Melanesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melanesia
 Nome orixinal
    Melanesia (en) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Melanesian (en)
melanesia (es)
melanésio (pt)
melanésia (pt)
Melanezijka (sl)
melanesios (es)
Mélanésienne (fr)
Melaneziano (eo)
Mélanésien (fr)
Melanezijec (sl) Editar o valor en Wikidata
 Parte de
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   11.122.989 (2020) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF236350358 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lbqv Editar o valor en Wikidata
MeSHD008542 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451750
Wikidata C:Commons
Países e territorios que compoñen a Melanesia.

Nome co que se coñece a unha parte de Oceanía. Melanesia (procedente do grego μέλας melas (negro), e νῆσος nesos (illa)) é unha rexión que se estende desde Papúa-Nova Guinea no ecuador ata Nova Caledonia no trópico, comprende os arquipélagos de Bismarck, Salomón, Novas Hébridas e Fiji. Habitan a rexión máis de 2 millóns de persoas.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O termo foi usado por primeira vez por Jules Dumont d´Urville en 1832 para denominar a un grupo de illas étnica e xeograficamente distinto dos de Polinesia e Micronesia. Con todo, actualmente a súa clasificación racial considérase inadecuada, debido a que non reflicte a diversidade cultural, lingüística e xenética de Melanesia. Ademais, este termo engloba a dous grupos distintos, os austranesios e os papúas.

As nacións de Fiji, Papúa-Nova Guinea, Salomón (baixo dominio de Papúa-Nova Guinea), Vanuatu e Nova Caledonia (baixo soberanía francesa) utilizan o termo para describirse a si mesmas, porque reflicte o seu pasado colonial común e a súa situación rexional presente. As zonas citadas forman o núcleo da Melanesia moderna. Con todo, algunhas illas adxacentes noutros países adóitanse considerar como parte periférica de Melanesia.

Home facendo lume e nenos en Vanuatu

As seguintes illas e grupos considéranse tradicionalmente parte de Melanesia:

Illas relacionadas

[editar | editar a fonte]
Localización da Melanesia.
Localización da Melanesia.

Outras illas cuxa poboación nativa non é totalmente melanesia, senón que ten devanceiros diversos son:

Algunhas illas ao oeste de Nova Guinea como Halmahera, Alor e Pantar poden considerarse parte de Melanesia, aínda que este termo non se usa na zona.