Saltar ao contido

Instituto Caro y Cuervo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Instituto Caro y Cuervo
Imaxe
Características
Implicados
 Matriz
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1942 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF151089911 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404671880 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z89rt Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Instituto Caro y Cuervo é un centro colombiano de estudos superiores en literatura, filoloxía e lingüística da lingua castelá e das linguas nativas de Colombia, chamado así na honra dos humanistas e filólogos colombianos Miguel Antonio Caro e Rufino José Cuervo Urisarri. Creado pola Lei 5a. de 1942, o Instituto posúe unha traxectoria de máis de oitenta anos na salvagarda do patrimonio lingüístico de Colombia. As súas sedes son: a Casa Cuervo Urisarri, situada no barrio histórico da Candelaria, e a Facenda Yerbabuena, no concello de Chía (Cundinamarca).

É unha entidade adscrita ao Ministerio das Culturas, as Artes e os Saberes. A súa área académica e docente é coordinada pola Facultade Seminario Andrés Bello, a cal ofrece seis mestrados, así como diplomados e cursos de extensión. Os programas de posgrao son: Mestrado en Escritura Creativa, Mestrado no Ensino do Castelán como Lingua Estranxeira e Segunda Lingua (modalidade presencial e virtual), Mestrado en Estudos Editoriais, Mestrado en Lingüística e Mestrado en Literatura e Cultura.

Ademais de centro de estudos e de investigación, o Instituto tamén leva a cabo actividades como centro cultural. Ademais, ten dependencias como a Biblioteca José Manuel Rivas Sacconi, unha área de museos e a emisora cultural CyC Radio.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

No ano 1999 foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.

  1. ↑ "Historia Instituto Caro y Cuervo, institución clara". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2022. Consultado o 22 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]