Saltar ao contido

Función diferenciábel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha función diferenciábel

En matemáticas, unha función diferenciábel dunha variábel real é unha función cuxa derivada existe en cada punto do seu dominio. Unha función diferenciábel é suave (a función está localmente ben aproximada como unha función linear en cada punto interior) e non contén ningún salto ou cúspide.

Se x0 é un punto interior no dominio dunha función f, entón f dise que é diferenciábel en x0 se a derivada f′(x0) existe. f dise que é continuamente diferenciábel se a súa derivada é tamén unha función continua sobre o dominio da función f. En xeral, f dise que é de clase Ck se as súas primeiras k derivadas f′(x),f″(x),…,f(k)(x) existen e son continuas sobre o dominio da función f.

Para unha función multivariábel, como se mostra embaixo, a diferenciabilidade é algo máis complexa que a existencia das derivadas parciais.

Diferenciabilidade de funcións reais dunha variábel

[editar | editar a fonte]

Unha función f:U→ℝ, definida nun conxunto aberto U⊂ℝ, dise que é diferenciábel en a∈U se a derivada

f′(a)=limh→0f(a+h)−f(a)h

existe. Isto implica que a función é continua en a.

Esta función f dise que é diferenciábel en U se é diferenciábel en cada punto de U. Neste caso, a derivada de f é así unha función de U en ℝ.

Unha función dise que é continuamente diferenciábel se a súa derivada é tamén unha función continua; existen funcións que son diferenciábeis mais non continuamente diferenciábeis (un exemplo dase na sección Clases de diferenciabilidade).

Diferenciabilidade e continuidade

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Función continua.
A función valor absoluto é continua (é dicir, non ten ocos). É diferenciábel en todas as partes agás no punto x = 0, onde fai un xiro brusco ao cruzar o eixo y.
Unha cúspide na gráfica dunha función continua. En cero, a función é continua mais non diferenciábel.

Se f é diferenciábel nun punto x0, entón f debe tamén ser continua en x0. En particular, calquera función diferenciábel debe ser continua en cada punto do seu dominio. O contrario non é certo: unha función continua non ten por que ser diferenciábel. Por exemplo, unha función cunha curva, cúspide ou tanxente vertical pode ser continua, pero non ser diferenciábel no lugar da anomalía.

A maioría das funcións que aparecen na práctica teñen derivadas en todos os puntos ou en case todos os puntos. O primeiro exemplo coñecido dunha función que é continua en todas partes pero non diferenciábel en ningunha parte é a función de Weierstrass.[1]


Clases de diferenciabilidade

[editar | editar a fonte]
As funcións diferenciábeis poden ser aproximadas localmente por funcións lineares.
A función f:ℝ→ℝ con f(x)=x2sin⁡(1x) para x≠0 e f(0)=0 é diferenciábel. No entanto, esta función non é continuamente diferenciábel.
Artigo principal: Suavidade.

Unha función f dise que é continuamente diferenciábel se a derivada f′(x) existe e é ela mesma unha función continua. Aínda que a derivada dunha función diferenciábel nunca ten unha descontinuidade de salto, é posíbel que a derivada teña unha descontinuidade esencial. Por exemplo, a función f(x)={x2sin⁡(1/x) se x≠00 se x=0 é diferenciábel en 0, xa que f′(0)=limε→0(ε2sin⁡(1/ε)−0ε)=0 existe. No entanto, para x≠0, as regras de diferenciación implican f′(x)=2xsin⁡(1/x)−cos⁡(1/x), que non ten límite cando x→0. Así, este exemplo mostra a existencia dunha función que é diferenciábel pero non continuamente diferenciábel (é dicir, a derivada non é unha función continua). Con todo, o teorema de Darboux implica que a derivada de calquera función satisfai a conclusión do teorema do valor intermedio.

De xeito similar a como as funcións continuas se din que son de clase C0, as funcións continuamente diferenciábeis ás veces dinse que son de clase C1. Unha función é de clase C2 se a primeira e a segunda derivada da función existen e son continuas. Máis xeralmente, unha función dise que é de clase Ck se as primeiras k derivadas f′(x),f″(x),…,f(k)(x) existen e son continuas. Se as derivadas f(n) existen para todos os enteiros positivos n, a función é suave ou equivalentemente, de clase C∞.

Diferenciabilidade en dimensións superiores

[editar | editar a fonte]

Unha función de varias variábeis reais f: Rm → Rn dise que é diferenciábel nun punto x0 se existe unha aplicación linear J: Rm → Rn tal que

lim𝐡→𝟎‖𝐟(𝐱𝟎+𝐡)−𝐟(𝐱𝟎)−𝐉(𝐡)‖𝐑n‖𝐡‖𝐑m=0.

Se unha función é diferenciábel en x0, entón todas as derivadas parciais existen en x0, e a aplicación linear J vén dada pola matriz jacobiana, unha matriz n × m neste caso.

Se todas as derivadas parciais dunha función existen nunha veciñanza dun punto x0 e son continuas no punto x0, entón a función é diferenciábel nese punto x0.

No entanto, a existencia das derivadas parciais (ou mesmo de todas as derivadas direccionais) non garante que unha función sexa diferenciábel nun punto. Por exemplo, a función f: R2 → R definida por

f(x,y)={xse y≠x20se y=x2

non é diferenciábel en (0, 0), pero todas as derivadas parciais e direccionais existen neste punto. Para un exemplo continuo, a función

f(x,y)={y3/(x2+y2)se (x,y)≠(0,0)0se (x,y)=(0,0)

non é diferenciábel en (0, 0), mais de novo todas as derivadas parciais e direccionais existen.

Diferenciabilidade en análise complexa

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Función holomorfa.

En análise complexa, a diferenciabilidade complexa defínese usando a mesma definición que as funcións reais dunha variábel. Isto é debido á posibilidade de dividir números complexos. Así, unha función f:ℂ→ℂ dise que é diferenciábel en x=a cando

f′(a)=limh→0h∈ℂf(a+h)−f(a)h.

Aínda que esta definición parece similar á diferenciabilidade das funcións reais dunha variábel, é unha condición máis restritiva. Unha función f:ℂ→ℂ, que é complexo-diferenciábel nun punto x=a, é automaticamente diferenciábel nese punto, cando se ve como unha función f:ℝ2→ℝ2. Isto débese a que a diferenciabilidade complexa implica que

limh→0h∈ℂ|f(a+h)−f(a)−f′(a)h||h|=0.

No entanto, unha función f:ℂ→ℂ pode ser diferenciábel como unha función multivariábel, mentres non é complexo-diferenciábel. Por exemplo, f(z)=z+z‾2 é diferenciábel en cada punto, vista como a función real de 2 variábeis f(x,y)=x, mais non é complexo-diferenciábel en ningún punto porque o límite limh→0h+h¯2h non existe (o límite depende do ángulo de aproximación).

Calquera función que é complexo-diferenciábel nunha veciñanza dun punto chámase holomorfa nese punto. Tal función é necesariamente infinitamente diferenciábel, e de feito analítica.

Funcións diferenciábeis en variedades

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Variedade diferenciábel.

Se M é unha variedade diferenciábel, unha función real ou complexa f en M dise que é diferenciábel nun punto p se é diferenciábel en relación a algún (ou calquera) carta de coordenadas definida arredor de p. Se M e N son variedades diferenciábeis, unha función f: M → N dise que é diferenciábel nun punto p se é diferenciábel en relación a algún (ou calquera) carta de coordenadas definida arredor de p e f(p).

  1. ↑ Banach, S. (1931). "Über die Baire'sche Kategorie gewisser Funktionenmengen". Studia Math. 3 (1): 174–179. doi:10.4064/sm-3-1-174-179.. Citado por Hewitt, E; Stromberg, K (1963). Real and abstract analysis. Springer-Verlag. Theorem 17.8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]