Canovelles
| Canovelles | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||
Canovelles é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e está situado a 2 km de Granollers, a súa capital.
Historia
[editar | editar a fonte]
En Canovelles atopáronse xacementos arqueolóxicos da época neolítica e da época romana, especialmente desde que se iniciaron as obras para a construción da Rolda Nord, cando se atoparon restos do 5000 a.C. aproximadamente. O 'Menhir' é a mostra máis representativa e unha reprodución do mesmo atópase exposta na sala de exposicións do Auditorio de Can Palots.
A primeira vez que aparece o termo "Canovelles" é no ano 1008, nun documento onde Ingilberto e Incúncia intercambian cinco pezas de terra por un mosteiro situado noutro lugar pertencente ao Abade de Sant Cugat del Vallès.
Entre 1950 e 1970 chegaron a Canovelles moitas familias de orixe estremeño e andaluz multiplicando por vinte a poboación do municipio. Posteriormente, e desde finais da década de 1990 están chegando un gran número de marroquís, africanos e suramericanos.
Durante a década de 1970 diversos grupos clandestinos de ideoloxía marxista organizaron a loita contra a ditadura franquista no municipio, chegando a existir organizacións de máis dun centenar de militantes.
Demografía
[editar | editar a fonte]Conta cunha poboación de 17 051 habitantes (INE 2023).
| Gráfica de evolución demográfica de Canovelles[1] entre 1842 e 2021 |
![]() |
Economía
[editar | editar a fonte]Canovelles viu aumentar moito a súa poboación debido ás emigracións masivas dos anos 50 e 60 (século XX) desde outras partes de España e á súa proximidade respecto de Barcelona. A actividade económica actualmente baséase no sector servizos e na industria.
Outro dos polos económicos da cidade é o mercado ambulante semanal dos domingos no que hai máis dun centenar de paradas. O mercado dos domingos céntrase sobre todo en alimentación, roupa, complementos e diversos aparellos electrónicos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vista de Canovelles
- Casco antigo
- Panorámica de Canovelles i Granollers
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canovelles |

