Saltar ao contido

Axuda:AFI para o inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
A:AFI-I

En diversos artigos da Wikipedia indícase a pronuncia de palabras inglesas por medio do Alfabeto Fonético Internacional - AFI (International Phonetic Alphabet - IPA) . A táboa seguinte lista os símbolos AFI usados para as palabras e pronuncias do inglés. Algúns destes símbolos empréganse aquí de forma específica para a Wikipedia, distinta do uso doutros dicionarios.

Á hora de engadir unha pronunciación con esta chave, xeralmente debería formatearse usando o modelo {{IPAc-en}}, que fornece notas emerxentes para cada símbolo da pronuncia.

Se algún símbolo AFI non se inclúe nesta táboa, vexa: Axuda:AFI para unha lista máis completa.

Consoantes
AFIExemplos
b buy, cab
d dye, cad, do
ð thy, breathe, father
dʒ giant, badge, jam
f fan, caff, phi
ɡ (ɡ)[1] guy, bag
h high, ahead
hw why[2]
j yes, hallelujah
k sky, crack
l lie, sly, gal
m my, smile, cam
n nigh, snide, can
ŋ sang, sink, singer
θ thigh, math
p pie, spy, cap
r[3] rye, try, very
s sigh, mass
ʃ shy, cash, emotion
t tie, sty, cat, atom
tʃ china, catch
v vie, have
w wye, swine
z zoo, has
ʒ equation, pleasure, vision, beige[4]
Consoantes marxinais
x ugh, loch, Chanukah[5]
ʔ uh-oh /ˈʔʌʔoʊ/
˜ bon vivant /ˌbɒ̃ viːˈvɒ̃/[6]
Vogais
AFIVogais completasAFI... seguidas de R[7]
ɑː palm, father, bra ɑːr start, bard, barn, snarl, star
ɒ lot, pod, John[8] ɒr moral, forage
æ trap, pad, ban[9][10] ær barrow, marry[11]
aɪ price, ride, file, fine, pie aɪər Ireland, hire (= /aɪr/)
aɪ.ər higher, buyer
aʊ mouth, loud, foul, down, how aʊər flour (= /aʊr/)
aʊ.ər flower
ɛ dress, bet, fell, men[12] ɛr error, merry[12]
eɪ face, made, fail, vein, pay ɛər square, mare, scarce, cairn, Mary (= /eɪr/)[13]
eɪ.ər layer (one who lays)
ɪ kit, lid, fill, bin ɪr mirror, Sirius
iː fleece, seed, feel, mean, sea ɪər near, beard, fierce, serious (= /iːr/)[14]
iː.ər freer
ɔː thought, Maud, dawn, fall, straw[15] ɔːr north, born, war, Laura[16][17]
ɔː.ər sawer
ɔɪ choice, void, foil, coin, boy ɔɪər coir (= /ɔɪr/)
ɔɪ.ər employer
oʊ goat, code, foal, bone, go[18] ɔər force, more, boar, oral (= /oʊr/)[16][17]
oʊ.ər mower
ʊ foot, good, full, woman ʊr courier
uː goose, food, fool, soon, do ʊər boor, moor, tourist (= /uːr/)[16][17]
uː.ər truer
juː cute, mule, puny, beauty, huge, tune[19] jʊər cure (= /juːr/)
juː.ər fewer
ʌ strut, bud, dull, gun[20] ɜːr nurse, word, girl, fern, furry
ʌr hurry, nourish (no Reino Unido)
Vogais reducidas
ə comma, Rosa's, ago, quiet, focus ər letter, perceive
əl bottle ([əl] ou [l̩])
ən button ([ən] ou [n̩])
əm rhythm ([əm] ou [m̩])
i happy, serious[21] (/ɪ/ ou /iː/) u situation (/ʊ/ ou /uː/)
ᵻ[22] roses, enough[23] (/ɪ/ ou /ə/) ᵿ[22] beautiful, curriculum ([jᵿ])[24] (/ʊ/ ou /ə/)
 
Acento Silabificación
AFIExemplos AFIExemplos
ˈ intonation /ˌɪntəˈneɪʃən/,[25]
battleship /ˈbætəlʃɪp/[26]
. /haɪər/ hire, /haɪ.ər/ higher[27]
ˌ

Aclaracións

  • A marca de acento da AFI (ˈ) indícase antes da sílaba que ten o acento, en contraste á pronuncia indicada por algúns dicionarios publicados nos Estados Unidos.
  • As palabras en versaleta son os conxuntos léxicos estándar. As palabras nos conxuntos léxicos bath e cloth poden ter dúas transcricións, ben con /ɑː/ e /ɔː/, ou con /æ/ e /ɒ/, respectivamente.
  1. ↑ Se os caracteres ɡ e non coinciden e o primeiro semella un γ, pode que teñas un problema de visualización relacionado coa fonte tipográfica usada polo teu navegador.
  2. ↑ O fonema /hw/ non se distingue de /w/ en moitos dialectos coa fusión wine–whine.
  3. ↑ Na maioría de variedades do inglés, /r/ pronunciase como unha aproximación de is [ɹ]. Malia que o símbolo AFI [r] representa unha vibrante, /r/ usase habitualmente no lugar de /ɹ/ nas transcricións do inglés.
  4. ↑ Unha serie de palabras inglesas, coma genre e garage, pronuncianse con /ʒ/ ou /dʒ/.
  5. ↑ Na maioría de dialectos, /x/ substitúese por /k/ na maioría de palabras, incluíndo loch. Cando o son comeza unha palabra, coma por exemplo en Chanukah, en ocasións substitúese por /h/. En ugh adoita substituírse por /ɡ/.
  6. ↑ Só se da en préstamos do francés e adoita substituirse por /n/ ou /m/: bon vivant /ˌbɒn viːˈvɒn/.
  7. ↑ Nos acentos non róticos /r/ non se pronuncia agás que vaia seguido de vogal.
  8. ↑ /ɒ/ non se distingue de /ɑː/ nos dialectos coa fusión father–bother.
  9. ↑ Nalgunhas rexións sepárase en dous fonemas, /æ/ e /eǝ/, facendo que a vogal de crash se asemelle máis á de mail que á de cat. Noutros dialectos os dous sons son alófonos.
  10. ↑ Nalgunhas rexións o que adoita ser [æŋ] ou [æɡ] pronúnciase [eŋ] ou [eɪŋ], [eɡ] ou [eɪɡ], facendo que a a en rang e rag se asemelle máis á ai en rain que á a en rat.
  11. ↑ /ær/ pronúnciase igual ca /ɛr/ nos acentos coa fusión Mary–marry–merry.
  12. 1 2 /ɛ/ transcríbese coma /e/ en moitos dicionarios.[ref 1]
  13. ↑ /ɛər/ pronúncase igual ca /ɛr/ en acentos coa fusión Mary–marry–merry. Adoita transcribirse como /eə/ en dicionarios británicos e como /er/ en dicionarios estadounidenses. O OED usa /ɛː/ para BrE e /ɛ(ə)r/ para AmE,[ref 2] pero o Oxford Online Dictionaries adoita usar sempre /er/ para AmE malia ter /e(ə)r/ na súa chave de pronuncias estadounidenses.[ref 3][ref 4]
  14. ↑ /ɪər/ pronúnciase igual ca /ɪr/ en acentos coa fusión mirror–nearer.
  15. ↑ /ɔː/ non se distingue de /ɒ/ (agás antes de /r/) en dialectos coa fusión cot–caught.
  16. 1 2 3 /ɔər/ non se distingue de /ɔːr/ en dialectos coa fusión horse–hoarse, incluíndo gran parte dos dialectos do inglés moderno.
  17. 1 2 3 /ʊər/ non se distingue de /ɔːr/ en dialectos coa fusión pour–poor.
  18. ↑ /oʊ/ adoita transcribirse como /əʊ/ ou /oː/.
  19. ↑ En dialectos con elisión de /j/, /juː/ pronúnciase igual ca /uː/ tralas consoantes coronais (/t/, /d/, /s/, /z/, /n/, /θ/ e /l/) na mesma sílaba, polo que dew /djuː/ pronúnciase igual ca do /duː/. En dialectos con coalescencia de /j/, /tj/, /dj/, /sj/ e /zj/ pronúncianse /tʃ/, /dʒ/, /ʃ/ e /ʒ/, polo que a primeira sílaba en Tuesday pronúnciase igual ca choose.
  20. ↑ /ʌ/ non se usa nos dialectos da metade norte de Inglaterra, algunhas partes de Gales e en acentos do leste de Irlanda. Estas palabras toman a vogal ʊ.
  21. ↑ /i/ pronúnciase [i] en dialectos con tensión happy, [ɪ] noutros dialectos. A convención británica adoitaba transcribilo con ɪ, pero o OED e outros dicionarios pasaron a usar i.
  22. 1 2 Os símbolos ᵻ e ᵿ non se usan segundo o AFI. Están baseados no uso por parte do OED.
  23. ↑ /ᵻ/ pronúnciase [ə] nos dialectos australianos e moitos dialectos estadounidenses, [ɪ] na Pronuncia Recibida.
  24. ↑ /ᵿ/ pronúnciase [ʊ] en moitos dialectos, [ə] noutros.
  25. ↑ Existe debate sobre a non existencia de distinción fonémica no inglés entre o acento primario e secundario,[ref 5] pero a convención é indicalos desta forma.
  26. ↑ As vogais completas que seguen a unha sílaba con acento, coma a de ship en battleship, márcanse co acento secundario nalgúns dicionarios (Merriam-Webster), pero non noutros (OED).
  27. ↑ As divisións silábicas non adoitan marcarse, pero o punto do AFI '.' pode usarse cando se desexa marcar de forma explícita unha división entre sílabas.
Referencias
  1. ↑ Wells, John (18 de marzo de 2009). "e and ɛ". John Wells's phonetic blog. Blogspot. Consultado o 13 de marzo de 2015.
  2. ↑ "Key to pronunciation". Oxford English Dictionary. Oxford University Press. Consultado o 13 de marzo de 2015.
  3. ↑ "square". Oxford Online Dictionaries (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 6 de marzo de 2017.
  4. ↑ "Key to US pronunciations". Oxford Online Dictionaries (en inglés). Oxford University Press. Consultado o 6 de marzo de 2017.
  5. ↑ Ladefoged, Peter (1993). A Course in Phonetics (3rd ed.). Orlando: Harcourt Brace. ISBN 0-15-507319-2.

Frecha. Volver á páxina de axuda.